Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A suba do prezo da luz xa se sente na cesta da compra

Alimentos como o pan, con alzas achegadas ao 20%, a carne ou a froita, entre os máis encarecidos.
A cesta da compra xa sufre as consecuencias dunha inflación arrastrada polo aumento da electricidade e os combustibles. Alimentos básicos e imprescindibles en cada mesa, como o pan, a carne ou a froita acumulan semanas con prezos á alza, o que se deixa sentir no peto dos consumidores.
“Nótase que os cuartos renden menos cada vez, colles 50 euros e non levas nada para a casa”, afirmou Elsa Martínez, quen cada vez ten máis problemas para chegar a fin de mes coa súa pensión de 700 euros. “O pan subiu 10 céntimos a barra pequena, que é bastante. Cantas barras de pan necesitas ó día nunha familia?”, engadiu.
As froitas tamén se venden máis cara agora que fai un mes, e produtos como a pera subiu ata 35 céntimos por quilogramo. Ademais, outros produtos que tamén, tiñan que baixar o seu prezo porque comezan a estar de temporada, non o están facendo, como ocorre coa pataca.
Ana Rodríguez vende na súa tenda carne, embutidos e vexetais, e destaca que os provedores aumentaron sobre todo os prezos de xamón, que subiu dous euros por quilo, e do chourizo, que agora paga a 6’80 euros o quilo, mentres que fai semanas lle costaba 5,50.

Ana María Cid Borrajo.
1º de Bacharelato A.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 16-10-2021 23:17
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0