Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

As termas de Ourense volverán estar abertas ao público o 1 de decembro
O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, prometeu este xoves que as termas recuperaranse este inverno: "Abrirán si ou si o 1 de decembro".
Jácome tamén apuntou que confiará a reapertura das augas termais de Ourense a un enxeñeiro do seu eventual persoal, que será a solución que permita recuperar un dos atractivos turísticos da cidade, que permanece pechada por decisión municipal xa que foi declarado o estado de alarma, no primeiro trimestre de 2020. Despois dese peche, foron moitos os anuncios de reapertura feitos polo alcalde, nos que chegou a situar a principios deste verán o retorno da actividade deste espazo.
A apertura definitiva prodúcese despois das protestas da plataforma cidadá Amigos das Termas e dos turistas saltando o selo de peche desta ponte do Pilar: "Se vén a policía pago a multa, pero doume un baño, por iso veño", dixo un dos visitantes da cidade que acudiron á zona termal o fin de semana.


MARÍA FERREIRO RODRÍGUEZ 1ºA BACHARELATO.

Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 16-10-2021 20:08
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0