Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O infinito xardín do ministro antojadizo en Pontevedra: dunha cova «volcánica» a 700 especies
Din que Eugenio Montero Ríos, galego e preboste da política española a finais do século XIX —foi ministro de Gracia e Xustiza e de Fomento—, era un home antojadizo. Tiña poder e diñeiro para selo. Así que, tras encargarlle ao arquitecto Genaro de la Fuente o impresionante pazo de Lourizán (Pontevedra) para pasar as súas vacacións, trouxo a un grupo de xardineiros franceses e portugueses para que o rodeasen cun verxel. Aí púxose a semente do que hoxe é xardín botánico de Lourizán, onde hai máis de 700 especies distintas de todo o mundo; desde as variedades autóctonas a exemplares exóticos de todos os continentes. A máis diso árbores catalogados e protexidos pola súa singularidade. Pero Lourizán é máis que un tesouro en verde. Ten o imán do decadente. E o eterno da historia.
O pazo e a súa leira están a catro quilómetros de Pontevedra. Basta con desviarse na estrada vella de Pontevedra a Marín para chegar. Alí, unha vez superado o calafrío que produce a escalinata dese pazo maltratado —o edificio é centro dunha eterna disputa entre a Deputación, a súa propietaria orixinal, e a Xunta, o seu titular por mor dun convenio de colaboración—, toca coñecer os soños que plasmaron en pedra don Eugenio e a súa muller, Avelina. Nada mellor que facelo da man de Agustín, axente forestal e encargado do mantemento da leira. Conta el que hai moitas lendas sobre por que, aos pés do pazo, o matrimonio construíu unha gruta que simula unha cova volcánica. É a chamada cueva dos espellos, que se fixo con pedra calcárea. ¿Talvez algún dos dous quería ter un refuxio libre das miradas que podían lanzarse desde o balcón do pazo?
O paseo pola historia vaise trufando coa colosal presenza de árbores. Porque a leira de Lourizán, en 1940, con Montero Ríos xa na tumba, foi cedida ao Ministerio de Educación para que abrise un centro de investigacións forestais; un uso que aínda perdura (pero agora dependente da Xunta). E iso foi clave para que se plantasen todo tipo de especies. Hai arboretos con todas as variedades de castiñeiros, piñeiros ou eucaliptos. A camelia, por suposto, está representada en todas as variedades —incluso está o exemplar máis alto do mundo, unha japónica de 20,5 metros—. Hai plantacións asiáticas, un pequeno xardín taiwanés, exemplares de de rimu de Nova Zelandia... Cada tronco ten historia, como a da metasequoia que foi candidata a árbore do europeo do ano e que está en Lourizán porque en 1943, en plena Segunda Guerra Mundial, un investigador chinés e un xaponés atoparon a especie, que se cría desaparecida, e enviaron sementes a distintas partes do mundo. Hai árbores centenarias e outros que se plantan para seguir investigando, como as especies coa que se está vixiando como afecta o cambio climático no arco atlánticou.
No medio, de novo, as querenzas de Montero Ríos. Desde a mesa de pedra que non levanta dous palmos na que celebraba consellos de ministros e que a fixo así para disimular a súa baixa estatura ou o decadente pero aínda elegante invernadoiro de ferro de 1900. Din que o construíu porque viu o sementeiro do parque botánico de Madrid e quixo un similar en Lourizán. Don Eugenio, xa se sabe, que tiña caprichos e lisonjas a granel.
Aldara Fernández Bello 2ºbach
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 14-10-2021 11:26
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0