Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Abdulrazak Gurnah, un Nobel de Literatura desde a mirada do desarraigamento africano
A Academia Sueca distingue ao autor tanzano, fincado no Reino Unido e que fixo do inglés a súa lingua de creación.
Coa concesión este xoves do Premio Nobel de Literatura a Abdulrazak Gurnah, nacido en Zanzíbar, Tanzania, a Academia Sueca volve mirar cara a África. Non o facía desde o 2003, cando o gañou o surafricano J. M. Coetzee. É unha mirada pasada polo filtro do impacto do colonialismo nas vidas do continente, condicionante sen o cal non se pode entender a traxectoria do novo Nobel. Exiliado desde 1968 no Reino Unido, escribiu en inglés practicamente a totalidade da súa obra, que examina os clásicos temas que o colonialismo leva aparellados: desarraigamento, dislocación, identidade, hibridación, memoria e trauma. Así o entendeu tamén o xurado do galardón, que na comunicación do fallo destacou a «penetración intransixente e compasiva nos efectos do colonialismo e o destino do refuxiado no abismo entre culturas e continentes» de Gurnah.

Noa Fernández
2º Bach
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 14-10-2021 11:25
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0