Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

"Que a Xunta pida xa a intervención da SEPI e que a ministra de Industria se deixe de contos"
Miles de persoas concentráronse este domingo fronte á Subdelegación do Goberno en Lugo en apoio aos traballadores da fábrica de aluminio Alcoa. Á manifestación acudiron tamén traballadores de Vestas "como sinal de apoio

Miles de persoas concentráronse este domingo fronte á Subdelegación do Goberno en Lugo en apoio aos traballadores da fábrica de aluminio Alcoa.


Á manifestación, convocada polo Comité de Empresa da fábrica, uníronse ademais, "como sinal de apoio", traballadores Vestas, tal e como confirmou aos medios o presidente do Comité, José Antonio Zan.

Segundo datos da propia xunta, 3.000 persoas reuníronse na "abarrotada" praza situada xusto enfronte da Subdelegación, á que lanzaron ovos e fariña en sinal de repulsa pola súa actuación no conflito. Tamén se queimou un retrato da ministra de Industria, Reyes Maroto, no que ademais podía lerse "Motos Maroto, este mes oferta de motos".


"Continuamos reclamando que a Xunta, e concretamente o señor Feixoo, pida dunha vez, por escrito, a intervención do SEPI. E que a ministra de Industria se deixe de contos dunha vez", aseverou Zan.

Manifestación 17 de outubro
Este sábado, os traballadores de Alcoa, nun vídeo remitido aos medios de comunicación, insistían en que "non van parar" até poder explicar ante o Ministerio de Industria, "todo o que lle fixo Alcoa aos traballadores" e "todo o que se incumpriu por parte do Goberno".


"Iremos reclamar os nosos dereitos e a loitar polo futuro da Mariña, que necesita unha fábrica de aluminio primario; fundamental para a transición ecolóxica"; defendían.

É por este motivo que, nunha nova concentración da man dos sindicatos, o próximo 17 de outubro en Viveiro volveranse manifestar para "reclamar un Plan industrial para a comarca da Mariña".


Claudia Laso Domínguez 1º B Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 10-10-2021 21:27
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0