Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Un estudo afirma que a presenza do galego vése reducida segundo avanzan as etapas do ensino
Fai uns días demostrouse mediante o Mapa Sociolingüístico escolar de Ames, desenvolvido pola Real Academia Galega e o Concello amesán, que a medida que os ciclos escolares avanzan o uso do galego vése reducido cada vez con maior rapidez. Os datos da investigación indican que no primeiro curso escolar a presenza da nosa lingua vive unha perda do 10 % dos falantes, a medida que van pasando os anos ecolares vai minguando con maior portentaxe, como na secundaria na que só un 11% dos nenos considéranse galegofalantes fronte a un 77% dos alumnos que afirman falar nun só idioma, o castelán.

É precisamente nestes espazos de socialización, na aulas e fóra, onde podemos observar a redución do uso do galego, como por exemplo nas conversas entre os alumnos, nestes casos a presión social ou por favorecer a asimilación, un grupo monolingüe castelán pode conseguir que un neno galegofalante deixe de falar a nosa lingua. Henrique Monteagudo, coautor do estudo xunto con Xaquín Loredo, Gabino S Vázquez-Grandío e Lidia Gómez aseguran que os docentes teñen a impresión de que están a «remar no baleiro» xa que están a ver que o ensino non traspasa as paredes da aula.

Os autores do Mapa e as institucións que promoven a presenza da nosa lingua están a buscar estratexias que contribúan a reverter esa diminución da presenza do galego. Propoñendo que as actividades extraescolares se fagan en galego, Monteagudo afirma que -«hai veces que os concellos o especifican nos contratos coas empresas, pero logo se se van subcontratando eses servizos, esa cláusula acaba por perderse»- e a apertura clave de ámbitos novos -«neses novos espazos de relación moitas veces é máis fácil empezar a falar o galego con alguén a quen non se coñece e nun entorno que tamén resulta novo»-.

Este enfoque quere entender mellor que mecanismos sociais hai detrás da pouca presenza do galego. As charlas en Ames cos docentes e os estudantes, deron lugar a procura de novas iniciativas e así poder visibilizar o bonito e beneficioso que é empregar a nosa lingua.



Clara Nieto Cancho 1º B Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 10-10-2021 21:23
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0