Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Iria Rodríguez: “Hai moito talento na Galiza, por iso debemos loitar para darlle o valor que merece”
O Galpón Lab é unha asociación sen ánimo de lucro, feita por e para artistas emerxentes. Busca promover a creación artística e o intercambio cultural, ao tempo que tece unha rede de apoio, unión e asesoramento para todas as novas creadoras galegas. As súas fundadoras -Iria, Eva, Lucía e Ana- teñen claro cal é a situación actual do panorama artístico galego, e que para atallar as carencias e deficiencias estruturais do sector cultural da Galiza, cómpre botar man do apoio educacional.

-Por que decidiron pór en marcha un proxecto do estilo do Galpón Lab?
O proxecto naceu dunha necesidade que tiñamos as catro fundadoras para atopar un punto de encontro para a creación artística. Eva, Lucía, Ana e mais eu, que somos as que comezamos con todo isto e sacámolo adiante, coñecémonos durante un mercadiño, no que elas compartían espazo de venda e eu xestionaba todo o relacionado coas redes sociais. Decatámonos de que, aínda que as nosas disciplinas eran moi distintas, tanto as nosas necesidades como os nosos problemas á hora de levar adiante as creacións artísticas eran moi semellantes. Démonos conta de que non había un apoio real nin unha unión. Pensamos que estar unidas é indispensáble para que tanto a loita como a procura de solucións se convertesen nun proceso moito máis sinxelo.
-Apóiase desde as institucións -a nivel económico, loxístico...- as artistas galegas emerxentes?
Faise difícil que haxa un apoio ao mundo da arte e da cultura cando estas son entendidas como un todo homoxéneo e indistinguíbel. Ademais, a Administración sempre tende a apoiar máis a aquela arte entendida como tradicional, e só de vez en cando aposta pola novidade ou a orixinalidade. Xa non é só unha falta de apoio económico, que xera a sensación de que temos que loitar entre nós polas ansiadas axudas. Existe unha falta de apoio estrutural e educacional. Unha falta de regulación e de profesionalización dos traballos creativos e artísticos. Os trámites burocráticos e trabas estruturais que nós sufrimos como organización sen ánimo de lucro para poder obter axudas e subvencións fai que sexa case imposíbel poder acceder a elas. E non só nós, calquera colectivo de nova creación parte dunha situación de desvantaxe moi grande con respecto a outros máis asentados e cunha traxectoria maior.


Candela Pedrido Oddós 1º B Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 10-10-2021 21:21
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0