Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

“Xubilados e pensionistas exixen frear os recortes nas pensións”
Centos de xubiladas e xubilados responderon esta quinta feira, 7 de otubro, ao chamamento da Confederación Intersindical Galega (CIG) para concentrarse en Bueu, Compostela, A Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo en defensa dunhas pensións dignas que “non garante” o proxecto que se está a tramitar no Congreso, incide a forza sindical.
Non só iso, senón que “consolida os recortes que supuxeron unha redución das pensións en 2021”, poñendo énfase en que as negociacións que iniciou o Goberno estatal coa Unión Europea, nas que comunicou que a norma era a primeira parte do proceso,
“anticipan novas perdas de dereitos en base ás exixencias do club comunitario”.
Desde o colectivo de pensionistas da CIG critican que se manteña a reforma das pensións de 2011, que implica unha caída do 25% no importe das pensións xerado pola ampliación da idade de xubilación até os 67 anos e o incremento do período de cálculo.
Todo iso, ao tempo que continúan a “anular a xubilación parcial, penalizar a xubilación anticipada, atrasar a idade de xubilación e fomentar o aumento da vida laboral mentres impiden a entrada da xente nova ao mercado”, reiteran.
Solucións
Para que as e os pensionistas poidan acceder a prestacións dignas é preciso derrogar as reformas laborais e a das pensións de 2011 e 2013, sosteñen, eliminando os factores de cálculo que penalizan o aumento da esperanza de vida e fixando por lei unha pensión mínima igual ao salario mínimo que se revalorice coa subida de prezos.
Asemade, desde a CIG reclaman que a idade de xubilación volva ser de 65 anos e que se restableza o dereito a xubilarse aos 61 anos, así como a transferencia da competencia de xestión do réxime económico da Seguridade Social, como recolle o Estatuto da Galiza.


Sara Prado Barrera 1º B Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 10-10-2021 21:09
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0