Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Non só Perseidas: chegan as Dracónidas, a primeira choiva de estrelas do outono
O outono ule a castañas e herba mollada. Caen as follas, o ambiente humedécese e a choiva ábrese paso. Mais non hai que pensar só nas pingas de auga, senón tamén nas estrelas. Neses trazos fugaces que atravesan o ceo e invitan a pedir un desexo. Aínda que este fenómeno astronómico se adoita relacionar co verán, cando caen as bágoas de San Lourenzo, o outono tamén é unha época na que choven estrelas. É máis, ata o 21 de decembro, cando finaliza esta estación, poderemos ver ata catro choivas de meteoros. Unha delas, a das Dracónidas

Será a partir das 19.00 horas cando as estrelas fugaces crucen o ceo a toda velocidade.

As Dracónidas, igual que o resto de choivas de estrelas, prodúcese cando os restos de xeo, po e partículas dos meteoros entran en contacto coa nosa atmosfera.
Non obstante, as dracónidas non serán as únicas protagonistas do outono.
Esta será unha estación que deleitará os afeccionados á astronomía con outras tres choivas de estrelas. As seguintes estrelas fugaces son as Leónidas e as Xemínidas.
As primeiras son observables durante o mes de novembro, as últimas do outono serán as Xemínidas, xa en decembro


Silvia Martínez Pedrouzo 1º Bach
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 08-10-2021 23:17
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0