Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A Xustiza condea a unha empresa a readmitir a unha traballadora á que despidiu por estar enferma
A Sala Social do Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña (TSXC)
condenou a unha empresa a readmitir a unha traballadora á que

despidiu por estar enferma, a pagarlle os salarios dende o despido e a
indemnizala con 18.077 euros, explicou o TSXC nun comunicado este
vernes. A sentenza declara nulo o despido e admite o recurso da
traballadora despois de que, nunha primeira sentenza, un
xuiz de Barcelona xa lle dira a razón parcialmente.
A muller traballou como xestora na empresa dende outubro do 2016
ata decembro do 2018, e a discusión xurídica no recurso era si o despido
debía considerarse nulo ou improcedente. Según a lei, despedir a un
empregado por estar enfermo faino un despido improcedente pero
non nulo, a menos que supoña «un elemento de estigmatización ou
segregación» dos traballadores enfermos. Os xuices argumentan que o
despido de esta traballadora supuxo unha vulneración do dereito a
integridade física porque «unha política de empresa tendente a despedir
a quen estivo a miudo en situación de incapacidade temporal é un
factor de segregación» a quenes necesitan a baixa médica.

Afirman que esta actitude da empresa «é unha ameaza xenérica e -á vez-
directa, claramente disuasoria para as persoas traballadoras de facer uso

do dereito fundamental a protexer a súa propia integridade física», o que
afecta negativamente á saúde dos traballadores porque evitarán unha
baixa por medo a ser despedidos.


Carla Mascareñas Miranda 1º Bach
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 08-10-2021 23:02
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0