Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

MOITOS “INFLUENCERS” PROMOCIONAN O CAMIÑO DE SANTIAGO
Gala González, Martiño Rivas, Xurxo Carreño e Cristina Cerqueiras, catro influencers con máis de catro millóns de seguidores nas súas contas de Instagram, foron as novas caras da campaña na que a Xunta de Galicia promoveu o Camiño de Santiago entre os mozos, para contar as súas experiencias aos seus seguidores a través das súas contas de Instagram.

"Será algo moi bonito poder facer o Camiño con estes compañeiros, facer algo de exercicio e seguir amosando Galicia nas redes", dixo Cerqueiras, que, como Carreño, debutará como peregrino. Gala González revelou que leva anos facendo o Camiño porque era "unha tradición" no seu colexio coruñés, mentres que para o actor Martiño Rivas será "unha oportunidade de coñecer".

Actualmente o Camiño tamén está a ser visualizado polas redes sociais polos “TIPIGRINOS” debido á colaboración dunha marca de roupa chamada Tipi Tent con xente moi famosa das redes como: Tomás Páramo , Maria García de Jaime, Maria Pombo, Marta Lozano, Teresa Andrés Gozalvo, Grace Villareal, Luis aton , Aina Simón, Bea Gimeno, Lucía Avendaño, Alba Perarnau, Carlota Maranon, María Hernández…



MARÍA FERREIRO RODRIGUEZ 1º A BACHARELATO

Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 08-10-2021 22:55
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0