Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O “BONO ACTIVA COMERCIO”
O 'Bono Activa Comercio', que ofrece descontos aos consumidores para realizar compras nos comercios de proximidade, está presente en 2.500 establecementos e un total de 117.000 galegos e galegas xa o descargaron. Son cifras dadas polo vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, este sábado durante a visita a varios establecementos adheridos a esta iniciativa en Santiago de Compostela, cidade que ofrece descontos en máis de 270 negocios e que conta cun total de 4.000 clientes.
Conde destacou que este proxecto da Xunta, en colaboración coa Federación Galega do Comercio, aspira a ser "un elemento de dinamización e incremento do consumo" e afirma a necesidade dun sector "que se ten que reinventar" con "iniciativas vinculadas á dixitalización". Tamén lembrou que o prazo para a adhesión dos establecementos finaliza este luns, 31 de maio, e que os consumidores poderán utilizar o bono ata o 3 de agosto.

LUCÍA ALONSO FREIRE 1ºA BACH
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 06-06-2021 23:31
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0