Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O sector turístico incia a súa remontada
En palabras do presidente dos hostaleiros pontevedreses estamos ante o inicio da fin dun pesadelo. César Sánchez Ballesteros únese ao carro do optimismo institucional e considera que pese a que nos meses de xuño e xullo a
recuperación aínda non sexa plena, para agosto haberá un horizonte brillante.
Ante cifras que anuncian o 65% de reservas en Galicia, as expectativas para este último mes son moi boas. Un dato que mostra a ilusión por recuperar a actividade é que a finais de xuño o 90% dos hoteis estarán abertos. Segundo declaran os membros deste sector, a parte negativa é que todavía faltan as axudas por parte do Goberno de España, cantidades que son de boa axuda para reducir as débedas que arrastran estes empresarios.
A ausencia do turismo estranxeiro supón unha merma porcentual notable , pois este oco deixa fóra a un terzo do total de turistas habituais. Isto levará a buscar turistas no mercado nacional, mercado que xa está moi disputado ante a necesidade de Baleares e Canarias de captar visitantes españois para manter
a súa viabilidade.
Miguel González Álvarez 1oA BACH
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 06-06-2021 23:25
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0