Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense |
|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Só tes unha dose da vacina? Esta é a túa porcentaxe de protección |
|
Un 20 por cento de galegos recibiron a primeira dose das vacinas
de Moderna, Pfizer e AstraZeneca e están á espera de recibir a segunda. Falamos de
un de cada cinco cidadáns, algo que acontece actualmente en todo o mundo. Máis de
147 millóns de estadounidenses e máis de 34 millóns de británicos recibiron a súa
primeira dose dunha vacina contra a Covid-19 de dúas inxeccións.
Os datos sobre que tan ben funcionan as vacinas despois dunha dose non sempre son
claros; depende do que se estea a medir. Pero a Administración de Alimentos e
Medicamentos dos Estados Unidos (FDA) presentou os seus datos dos ensaios de cada
vacina e son estes:
Pfizer-BioNTech: polo menos o 80
por cento
Moderna: polo menos o 80 por
cento
AstraZeneca: máis do 70 por cento.
Johnson & Johnson: 66 por cento
Que significa a porcentaxe de eficacia
A porcentaxe de eficacia das vacinas refírese á proporción de persoas que obteñen
protección completa despois dunha vacina. Cun 80 por cento de eficacia, o 80 por
cento das persoas teñen protección total e o 20 por cento non. Para aqueles que
obteñen protección completa a primeira vez, a segunda inxección mellora a calidade
da resposta inmune e a súa durabilidade.
A importancia dunha dose
Con esta pandemia sabemos que unha soa dose das vacinas contra a Covid-19 é moi
importante tanto para a saúde individual como colectiva. Os datos do mundo real
dunha enquisa de aproximadamente 375.000 persoas no Reino Unido, atoparon que a
vacina de Pfizer ou AstraZeneca reduciu as infeccións por Covid-19 con síntomas nun
72 por cento. A protección dunha soa dose probablemente poida manterse durante
polo menos 10 semanas, segundo os últimos estudos.
Silvia Martínez Pedrouzo 4 ESO B |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|