Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

As empresas con máis de 500 traballadores poderán vacinar nos centros de traballo
En xuño, as empresas con máis de 500 traballadores poderían empezar a
vacinar os seus empregados nos seus propios centros de traballo. Isto
axilizaría a inmunización, xa que os traballadores non terían que desprazarse
aos puntos de vacinación e non se alteraría o ritmo de traballo nas cadeas de
produción. "A nosa intención é que as grandes empresas, sobre todo aquelas
que xa teñen punto de vacinación da gripe acreditado, poidan axudarnos na
vacinacións, achegárllelas aos seus traballadores", explica o conselleiro de
Sanidade, Julio García Comesaña. As vacinacións faríanse seguindo os mesmos
criterios e o calendario da comunidade, como respectar os grupos de idade ou
os períodos entre doses. O persoal dos centros sanitarios destas empresas
recibirán formación e o material para administrar as doses. "O ritmo de
movemento económico virá marcado polo ritmo de vacinación dos
traballadores", di Juan Manuel Vieites, presidente da Confederación de
Empresarios de Galicia. Sanidade elabora xa ese plan de vacinación xunto ás
confederacións de empresarios. Comunidades como a Valenciana xa contan
cun protocolo similar.
Iván Abad Álvarez
1º BACH B
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 30-05-2021 13:09
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0