Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Oito detidos e varios rexistros nunha operación antidroga en Ribeira
O movemento de vehículos da Policía Nacional desde primeira hora da mañá puxo onte en
alerta aos veciños de Ribeira, na que a capital de Barcelona espertou inmersa nunha
operación antidroga que levou á realización de rexistros nos domicilios de distintos puntos
da cidade. O resultado final foi o de polo menos oito persoas detidas pola súa presunta
participación na venda de substancias estupefacientes.
Dous deles residen nun edificio da avenida do Malecón ao que as forzas de seguridade
accederon á primeira hora da mañá tras derrubar a porta. A presenza policial chamou a
atención de moitos cidadáns que se detiveron para tratar de descubrir o que estaba a
suceder, aínda que os veciños da zona non dubidaron cal foi a causa do despregamento: a
venda de droga no edificio. Durante varias horas, axentes de distintas unidades da Policía
Nacional, incluída a policía canina, rexistraron exhaustivamente a casa, no primeiro andar, e
retiraron varios obxectos do seu interior. Pasadas as once da mañá, xunto cos axentes, os
dous detidos, un home e unha muller, baixaron e foron trasladados en vehículos separados
ás celas. Polo menos outras seis persoas seguiron o mesmo camiño durante o día.
- Yaiza Conde Fernández
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 30-05-2021 13:04
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0