Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A Costa da Morte amenceu sen neve, pero persiste o xeo en gran parte da rede viaria
A Costa da Morte amenceu este sábado sen neve, pero coa presenza de chuvascos leves dispersos que, xunto coas baixas temperaturas, volveron xerar problemas de tráfico en parte da rede viaria, sobre todo, en estradas secundarias. Á primeira hora da mañá persistía o frio intenso na comarca, pero sen chegar, polo xeral, aos baixos rexistros rexistrados tanto o xoves como o venres.
As placas de xeo volveron darse en numerosos viarios, pero sen ocasionar o grave caos circulatorio de dous días atrás Houbo varios accidentes de tráfico provocados por saídas de vía, como as ocorridas en Sofán (Carballo) ou Casas Longas (A Laracha). Este último lugar, pertencente á parroquia de Montemaior, trátase do núcleo de poboación máis elevado da Costa da Morte, a 600 metros sobre o nivel do mar.

Claudia Fernández Blanco
1ºA BACH Nº4
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 23-05-2021 23:31
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0