Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense |
|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Un home con orde de afastamento mata á súa ex parella en Sagunto e logo se suicida |
|
Un home matou este domingo ao seu ex parella, unha muller de 60 anos, e quitouse a vida posteriormente na localidade valenciana de Sagunto, segundo informaron a Europa Press fontes da Policía Nacional.
Sobre o presunto autor dos feitos pesaba unha orde de afastamento que lle prohibía achegarse á vítima. Os feitos ocorreron pasadas as 20.00 horas deste domingo cando os veciños dun edificio de Sagunto na rúa Alcalá Galiano alertaron á Policía tras escoitar uns berros.
Os axentes chegaron ao lugar e comprobaron que a muller, de 60 anos, falecera como consecuencia das puñaladas supostamente causadas polo seu ex parella. As primeiras investigacións apuntan a que o agresor apuñalou á muller na zona do pescozo.
O presunto autor dos feitos, do que non se precisou a idade, quitouse a vida tras cometer o crime lanzándose ao baleiro desde un cuarto piso ao chegar a Policía, segundo as mesmas fontes.
Lucia Rodrigues
1º A BACH |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|