Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense |
|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
A Laracha entrará este venres no nivel alto de restricións |
|
O comité clínico da Xunta anunciou a última hora deste martes o paso ao nivel alto da Laracha, que mantén a súa tendencia á alza. Así, o concello contabiliza 29 casos, tras subir tres. Con esa cifra, a incidencia acumulada (IA) actual dispárase por amais dos 250 casos por 100.000 habitantes, e a catorce días o indicador é de 238.
Ademais, preocupa especialmente a situación do CEIP de Caión , con oito positivos. Precisamente, os estudantes do centro foron citados o domingo para someterse ás probas PCR no autocovid da Coruña. Igualmente, estudantes do IES Agra de Leborís, con tres contaxios, realizáronse o test a semana pasada.
Co paso ao grupo alto, os locais hostaleiros só poderán servir nas terrazas e para un aforamento máximo do 50 % da capacidade. As medidas entrarán en vigor o venres ás 00.00 horas, tras ser publicadas no DOG. En canto a Carballo , que baixa en tres os positivos, cun total de 53, non hai cambios, Sanidade decidiu manter ao concello no grupo medio de medidas. Tampouco hai novidades en Coristanco que seguirá, polo menos ata o luns, no chanzo alto.
O resto de municipios da Costa da Morte continúan no chanzo de restricións máis laxas.
CLAUDIA FERNÁNDEZ BLANCO
1ºA BACH Nº4
|
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|