Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O adeus de Pablo Iglesias remove as mareas
Podemos e EU inician a renovación interna con ánimo de reconstruír o espazo común.
Con permiso de Beiras, foi durante anos a persoa máis influente da nova política galega, a táboa de salvación do rupturismo, o enfant terrible que cun tweet obrigou a crear unha coalición entre Podemos, Esquerda Unida e Anova para acudir xuntos ás autonómicas do 2016, convertendo así a En Marea na segunda forza do Parlamento galego. Despois viñeron as cuitas internas, a moqueta, a zozobra... E agora, o adeus. A saída intempestiva de Pablo Iglesias da vida política apaga tamén a lanterna do faro que iluminaba o espazo común das mareas galegas, abocadas agora a un proceso de reestruturación que empezará co cambio de liderado no seo de Podemos.
En realidade foron as eleccións galegas, celebradas hai 10 meses, as que feriron de gravidade a coalición rupturista Galicia en Común, integrada por Podemos, EU, Anova e varias mareas municipais, ao perder a súa presenza no Parlamento. Tras aquel revés, boa parte dos seus activos regresaron aos cuarteis de inverno ou ao seu labor profesional (o que a tiña). A presenza no Goberno dunha dos seus referentes, a agora vicepresidenta Yolanda Díaz, provocou que algúns se mantivesen á expectativa para tentar reconstruír o espazo político, proceso que se acelera coa dimisión de Pablo Iglesias.


LUCIA SUAREZ
1º A BACH
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 09-05-2021 22:33
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0