Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Estes son os 19 concellos de Lugo que non rexistraron casos de coronavirus nas últimas dúas semanas
Lugo é a segunda provincia de Galicia con máis concellos nos que non se detectaron casos de coronavirus nas últimas dúas semanas. Son en total 19 os concellos lucenses —dos 67 que hai— que, segundo o Sergas, están agora mesmo «libres» de coronavirus, catro máis que hai sete días.
Non se detectaron positivos nos últimos 14 días en Barreiros, Becerreá, Cervantes, Folgoso do Courel, A Fonsagrada, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, As Nogais, Ourol, A Pastoriza, Pedrafita do Cebreiro, Pol, A Pobra do Brollón, Ribas de Sil, Ribeira de Piquín, Sober, O Valadouro e O Vicedo.

Os datos deste sábadoEste sábado e segundo datos da Consellería de Sanidade, en Lugo rexistráronse 30 positivos novos e os casos activos de coronavirus na provincia sitúanse en 829. Hai 27 persoas hospitalizadas, unha delas na uci do Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA), 22 pacientes están ingresados neste centro sanitario, un no hospital da Mariña e tres, no de Monforte de Lemos. Desde que empezou a pandemia, na provincia lucense faleceron 130 persoas (un 45 % tiña entre 80 e 89 anos), contaxiáronse 6.424 (máis da metade son mulleres) e curáronse 5.464.
Claudia Fernández Blanco Nº4 1ºA BACH
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 03-05-2021 18:27
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0