Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A Xunta activará axudas para o lecer nocturno e o protocolo para a desescalada
O Goberno galego vai establecer unha liña de axudas específicas para os
locais de lecer nocturno por un valor inicial de catro millóns de euros. Mentres,
segue a negociar co sector as probas piloto para unha posible reapertura en
xuño, se a situación epidemiolóxica o permite.
Anunciouno o vicepresidente primeiro da Xunta e conselleiro da Presidencia,
Alfondo Rueda, logo da xuntanza mantida por videoconferencia con
representantes destas empresas, en que tamén estivo presente o titular de
Sanidade, Julio García Comesaña.
Durante o encontro, entregáronlle unha proposta de protocolo para desenvolver
as probas piloto previas á reapertura e, nos vindeiros días, haberá unha nova
reunión para seguir avanzando. O obxectivo, segundo Rueda, é que sexan
unha realidade antes de que remate o mes de maio
A Xunta e o sector do ocio nocturno traballan da man para poder avanzar na
desescalada. Xuntos planifican unha reapertura progresiva coa vista posta no
mes de xuño.
Para ter as máximas garantías sanitarias, antes haberá que facer unha serie de
probas piloto, a modo de ensaio. Faranse en varios pubs e discoteca da
comunidade, con controladores de CO2, uso de máscara e control de
ocupación.
O sector vai máis alá, e propón tamén facer tests aos asistentes tanto antes de
entrar coma uns días despois para realizar un seguimento.
Iván Abad Álvarez
1º BACH B
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 02-05-2021 23:36
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0