Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Sobe a presión nas ucis ourensás polo coronavirus
Os hospitais da área sanitaria de Ourense, O Barco de Valdeorras e Verín teñen tan só a 16 persoas ingresadas con coronavirus , pero doce delas están na uci. Segundo os datos facilitados polo Sergas este domingo, increméntase, polo tanto, a presión nas unidades de coidados intensivos porque son dous máis os pacientes atendidos nelas con respecto á xornada anterior.

O número de casos activos na provincia sitúase en 269 (o sábado eran 267). Cabe destacar, neste sentido, que na capital ourensá rexistrouse unha diminución no número de persoas coa enfermidade activa tras unha semana subindo. Agora son 92, tres menos que o día anterior. Por localidades, destacan as cifras de Verín (26), Cualedro (18), O Barco (16), Xinzo (14), Laza (11), Carballeda de Valdeorras (7), Muíños (6), Allariz (5). No Carballiño, Verea, Toén, Ribadavia e A Merca teñen catro casos e no resto de municipios, tres ou menos, salvo nos concellos nos que agora mesmo non hai ningún caso, que son cincuenta.

Por outra banda, o Sergas informou da finalización do cribado realizado en Verín . Había convocadas 3.000 persoas e acudiron a a chamada 1.685, o que supón un 56.2% de participación. Grazas a esta iniciativa detectar tres positivos. Nas últimas 24 horas confirmáronse trece casos por PCR. No que vai de pandemia realizáronse 239.110 probas dese tipo e outras 125.236 serológicas.

Paula Vázquez 2ºB
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 02-05-2021 23:23
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0