Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense |
|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Máis de 357.000 galegos teñen a pauta de vacinación completa: |
|
Na última xornada administráronse 36.201 doses na comunidade.
Na comunidade hai 357.275 galegos que recibiron a pauta de vacinación contra o covid-19. Na última xornada hanse inoculado 36.201 doses en Galicia. Trátase do 87,2% das recibidas ata o momento. Eses son os datos difundidos pola Consellería de Sanidade, que indica que Galicia administrou un total de 1.165.613 doses das 1.336.025 recibidas e que, polo tanto, supón un aumento de case tres puntos respecto ao día anterior.
Por grupos de idade, foron vacinados 127.380 maiores de 85 anos; un total de 94.253 persoas de entre 80 e 84 anos; 127.869 de entre 75 e 79 anos e 142.337 con entre 70 e 74 anos. No relativo aos grupos de poboación vacinados, por condición de vulnerabilidade indícase que recibiron polo menos unha dose 12.022 persoas con condición de alto risco e 350 teñen a pauta completa. Entre as persoas dependentes non institucionalizadas recibiron polo menos unha dose 15.920 e completaron a pauta un total de 10.389.
Tamén se vacinou contra a covid-19 a 30.755 persoas de 65 a 69 anos; 118.125 de 60 a 64 anos; 26.215 de 55 a 59 anos; 38.185 de 50 a 54; 29.139 de 45 a 49 anos e 26.301 de 40 a 44 anos. A elas súmanse 19.018 de 35 a 39 anos, 15.309 de 30 a 34; 12.423 de 25 a 29; 6.045 de 20 a 24, e 599 de 15 a 19 anos.
En canto aos vacinados na comunidade galega por probabilidade de exposición, os profesionais do ámbito sanitario coa primeira dose ascenden a 73.747 e hai 56.020 que contan coa pauta vacunal completa. A eles súmanse 28.966 traballadores do ámbito sociosanitario cunha dose e 19.201 coa pauta completa. Ademais, un total de 60.286 traballadores esenciais recibiron unha dose da vacina e 2.301 completaron o proceso, cifras que se manteñen sen cambios respecto ao día anterior.
A vacinación permitiu que se reduza de forma drástica a incidencia nas residencias de maiores en Galicia, que estiveron máis dun mes sen rexistrar ningún caso de covid-19. Actualmente hai 6 usuarios e 2 traballadores contaxiados no centro Domusvi de Chantada. De feito, a efectividade da vacinación é superior ao 80 % nas residencias, segundo reflexa o informe elaborado recentemente polo Ministerio de Sanidade, a través da Dirección Xeral de Saúde Pública, o Instituto de Saúde Carlos III (ISCIII) e a Axencia Española de Medicamentos e Produtos Sanitarios (AEMPS).
Noa Varela Varela
2ºB / nº16
|
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|