O Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO) organizou este domingo unha
actividade especial para celebrar o día da nai. A iniciativa foi posta en marcha polo Servizo
de Humanización da Área Sanitaria de Ourense, O Barco de Valdeorras e Verín e
celebrouse en todos os hospitais da provincia. Consistiu no agasallo dun doce elaborado
pola Cafetería Anduriña e unha tarxeta de felicitación a todas as nais da matrona,
pediátrica, prematura e parto.
Tamén se deu o detalle a Soraya Alonso García, que está na planta cóvida. Con 52 anos e
veciña de Muíños, o agasallo foi para ela porque, cando lle deron o doce, recibiu unha
videochamada da súa filla Lucía. A moza ten previsto estudar enfermaría porque quere
"axudar ás persoas enfermas e darlles un sorriso todos os días". A súa nai, Soraya, sente
ese sorriso a través das máscaras do persoal que a trata porque "os ollos son o espello dá
alma". E engade, agradecida polo xesto do Día da Nai: "Teño que seguilo a facer na vida.
Sara Blanco Daparte
2º BACH A
|