Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O Real Madrid afina a puntería en Zaragoza e axiganta o seu récord antes da batalla de Istambul
O Real Madrid non se cansa de gañar. Algo que non sería unha noticia extraordinaria se non fose porque se atopa de cheo na tempada máis atribulada dos seus últimos anos. En metade do que xa é un milagre -forzar o quinto ao Efes-, alongou en Zaragoza a súa exitosa senda na ACB. Fíxoo a base de triplos (18) e frenesí, con secundarios como Laprovittola, Alocén, Taylor e Tyus como protagonistas. E con Rudy. Sempre Rudy. [89-98: Narración e estatísticas]

O duelo non llo levou o equipo de Pablo Laso ata o arreón final, aí onde a experiencia e o cabeiro decantan. Pero traballárao antes contra este Casademont Zaragoza de Luís Casimiro que tamén anda de prolegómenoes/prolegómenos: a partir do mércores disputa en Rusia a final a oito da Champions League. Un equipo divertido e con talento que apura as súas opcións de playoffs co seu terceiro técnico do curso. Mirou ao Madrid de ti a ti, pero acabou asumindo que era imposible.

Ben é certo que non lle podía resultar máis inoportuna a cita ao Madrid, en metade da fazaña #ante o Efes, o sexto partido en 12 días, menos de 48 horas da batalla de Istambul. Un encordio no Príncipe Felipe ante un Zaragoza á alza con Luís Casimiro, sen Tavares nin Thompkins. Pero xa metidos en faena..

Lucia Rodrigues
1º A BACH
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 02-05-2021 21:49
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0