Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Case o 35 % dos ourensáns están vacinados do covid
A curva baixa tras 23 altas e 13 novos contagios para situarse en 254 casos
Ourense está a piques de superar a metade do proceso para conseguir a inmunización de rabaño. Os expertos sitúan no 70 % da poboación vacinada a porcentaxe necesaria para lograla. Na provincia, máis do 34,6 % dos ourensáns teñen polo menos unha dose.
Das 106.148 persoas vacinadas (sobre un censo total de 306.650), 42.972 completaron a pauta: porque xa teñen as dúas doses postas de Pfizer ou Moderna, ou porque recibiron a monodosis de Janssen. O resto están pendentes de completar o proceso. Algúns o farán hoxe mesmo. Este xoves está prevista unha nova xornada de vacinación masiva, con 2.655 ourensáns citados en Expourense e os hospitais comarcais de Verín e Valdeorras. Ademais, nos centros de saúde están citados 548 maiores de 80 anos, e 236 máis serán vacinados nas súas casas. Ourense sobe a 84Segue o proceso de inmunización nun contexto de baixada da curva. Hai 254 casos activos tras 23 altas e 13 novos contagios. No detalle por concellos, a cidade sobe ata os 84 veciños contaxiados. Verín mantense con 23 e Cualedro baixa a 16, mesma cifra que rexistra O Barco tras sumar dous positivos. Tres novas altas deixan a Carballeda de Valdeorras cunha decena de casos activos; mentres que Muíños baixa a 7 (o martes eran 8 os contagios activos). O Carballiño mantense en 6. Verea, Lobeira e Allariz rexistran 5 casos; mentres que no resto da provincia hai 4 ou menos veciños contaxiados.

Valeria Labandeira
1º A BACH
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 02-05-2021 21:47
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0