Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Galiza pola República chama a "liquidar" o franquismo e a monarquía no 90 aniversario da República
Coincidindo co 90 aniversario da caída da monarquía (1931-2021) tras as eleccións municipais do 12 de abril de 1931 e a posterior proclamación da República, máis de 70 entidades de toda Galiza asinan o manifesto 'Non queremos monarquía. Galiza pola república' e chaman a unha concentración a terza feira, 13 de abril, ás 19:30 horas no Obelisco, no Cantón Grande da Coruña, convocada por 27 entidades da comarca.

Na Galiza é posíbel a unidade pola república

Segundo salienta nun comunicado a plataforma Galiza pola República, o manifesto é un bo exemplo de que na Galiza é posíbel a unidade pola república, unha experiencia que mesmo podería ser válida para o conxunto do Estado.

"Cómpre unir forzas para acabar coa monarquía, dentro da pluralidade, respectando distintos obxectivos estratéxicos que poidan situar a Galiza no marco dunha República Federal; aqueles que están a prol dun República Galega, ben dentro dunha República Confederal ben como Estado independente, ou as que están por unha República Ibérica con Portugal".

Incompatíbel coa democracia

O texto que subscriben entidades políticas, sindicais, sociais e culturais reivindica a república fronte a monarquía, unha forma de Estado "incompatíbel cun sistema democrático". "É un réxime vitalicio e hereditario, que non ten en conta a vontade popular porque o rei, como xefe do Estado, non é elixido polo pobo nunhas eleccións democráticas".

Estamos pola convocatoria dun referendo consultivo para que a cidadanía poida decidir sobre o modelo político e institucional

Neste sentido, o manifesto fai alusión ao rei emérito Xoán Carlos. "Nunca condenou a ditadura franquista, xustificaba a sublevación contra a democracia e nas súas manifestacións públicas falaba da 'lexitimidade política xurdida o 18 de xullo de 1936', manifestaba 'respecto e gratitude ao noso Xeneralísimo Franco' e rendía 'homenaxe á súa memoria'”.

Xoán Carlos foi rei pola designación do ditador, engade o manifesto para explicar a orixe da actual monarquía: "O ditador Franco, que encabezou en 1936 o levantamento militar e fascista contra a democracia, nomeou a Xoán Carlos como o seu sucesor en 1969 'para que todo quede atado e ben atado para el futuro'. A monarquía actual é, polo tanto, herdeira do franquismo, daqueles que deron un golpe de Estado contra a República constitucional, elixida nunhas eleccións democráticas".


Iago Fuentes Aller
2º BACH A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 11-04-2021 23:03
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0