Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Repunte de contaxios en Galicia: 206 novos casos en só 24 horas

Os datos galegos empeoran: entre as seis da tarde do xoves e a mesma hora de onte, venres, o Sergas rexistrou 206 novos contagios. Son 60 máis que os que se detectaron o día anterior e desde hai un mes non había tantos positivos nun só día. Sobe tamén, por segundo día consecutivo, o número de casos activos (persoas que nestes momentos teñen covid-19 na comunidade), xa en 2.286. O domingo pasado foi o día con menos infeccións activas desde o mes de agosto; desde entón, cunha leve melloría a metade de semana que resultou ser só un espellismo, volveron a aumentar cada día. O que si se mantén estable é a situación nos hospitais: a día de hoxe hai 167 persoas con coronavirus ingresadas (exactamente as mesmas que onte): 25 están en uci (unha menos que onte) e 142 en planta. Só experimentan leves incrementos as áreas de Santiago e Ourense.
En canto a contagios, todas empeoran excepto a de Ferrol. As máis afectadas seguen sendo A Coruña e Vigo, cunha situación moi similar. A primeira rexistrou 44 novos casos na última xornada e a segunda, 52. Vigo. Ten 625 casos activos, 22 máis que onte. Nas últimas 24 horas apareceron aquí 52 novos positivos. Hai un enfermo menos en uci (polo que actualmente son cinco os pacientes críticos aquí) e 28 en unidades convencionais, exactamente os mesmos que a véspera.


Alejandro Fernández Blanco
2º BACH A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 11-04-2021 22:22
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0