Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A iniciativa Xabarín entra no Parlamento

33.000 sinaturas reivindican unha canle 'Xabarín' co fin de incrementar a oferta
audiovisual en galego dirixida ás crianzas.
A Mesa pola Normalización Lingüística vén de entregar no Parlamento 33.000
sinaturas en apoio da Proposición non de lei de iniciativa popular que insta a
tomar medidas para que a CRTVG aumente a oferta en galego destinada ao
público infantil e xuvenil mediante a creación dunha canle 'Xabarín'.
En total, a entidade en defensa da lingua presentou na Cámara galega 33.008
sinaturas que, en palabras de Marcos Maceira, presidente da Mesa, reflicten o
"éxito social" da iniciativa Xabarín en favor dunha programación audiovisual
atractiva, actual, educativa e de produción galega; dispoñíbel en todas as
plataformas dixitais mais nunha app accesíbel desde todos os dispositivos,
actualizada e dotada de xogos e programas.


Carmen Cabrera Dorrío
2º BACH A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 11-04-2021 22:17
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0