Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Folclore, outra vítima da pandemia
Nin ensaios, nin xuntanzas, nin festivais, nin foliadas. A pandemia feriu de tal forma ás asociacións de música tradicional galega de Oleiros que “aguantando” ou “sobrevivindo” son as palabras que máis repiten os seus responsables, que levan nalgún caso máis dun ano sen actividade. Aínda así, houbo poucas baixas, a súa ilusión e o amor polo que fan resísteo todo. Hai que ter moito tesón para bailar e cantar cunha máscara. No entanto, as entidades máis pequenas temen desaparecer tras décadas de historia ao non atopar substitución, faltarlles apoios e ter dificultades económicas.

“Isto é un desastre. Estamos totalmente parados, a ver se volvemos en canto pase a Semana Santa. Volvemos en outubro pero xa tivemos que parar polas restricións. Encontro nenas que me preguntan cando volvemos bailar, que o botan moito de menos. Este ano non creo que haxa nada. A nosa salvación é a subvención da Deputación. En febreiro cumprimos corenta anos do primeiro ensaio e este mes de xullo, corenta da primeira actuación, oxalá puidésemos celebralo actuando. Eu levo de presidenta desde 1991, ninguén quere facerse cargo. Teño 76 anos, quería deixalo, pero dinche se te vas, desfacémonos. E aí sigo”, explica Loli Xerez, da Asociación A Marola.
-Mariángel Toledo López
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 11-04-2021 20:40
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0