Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Medio millón de galegos, o 20 % da poboación, vacinados coa primeira dose
O conselleiro de Sanidade fixo balance da evolución dun ano de pandemia en
Galicia. Lembrou os 2.300 falecidos e agradeceu o traballo realizado por todo o
persoal da sanidade pública galega, ademais da colaboración dos alcaldes á
hora de organizar os cribados e as vacinacións masivas. O resultado é que
nestes momentos a incidencia acumulada a 14 días é a metade ca a da media
de España. García Comesaña destacou tamén o comportamento da cidadanía
á hora de vacinarse a pesar dos continuos cambios de criterio respecto á
fórmula de AstraZeneca. "Isto quere dicir que os galegos non se deixan levar
polo alarmismo, polo feito duns efectos adversos moi raros que teñen tamén
moitos medicamentos habituais, así que seguiremos avanzando. Este proceso
é unha carreira de fondo na que algúns tramos fomos moi por diante e outros
fomos algo máis atrás pero o importante é que case medio millón de galegos,
un 20 por cento da poboación xa recibiu polo menos a primeira dose", di Julio
García Comesaña, conselleiro de Sanidade. A segunda dose de AstraZeneca
non se administrará ata coñecer os informes da Unión Europea sobre a
posibilidade de combinala con algunha das outras vacinas. Pero mentres,
continúa o plan de inmunización, que inclúe as vacinacións a domicilio, xa
levan 1.000 persoas atendidas, e tamén están chamando a aqueles que
rexeitaron vacinarse nun primeiro momento. Esta semana volve reunirse o
comité clínico. A subdirectora xeral de saúde pública descarta cambios no
toque de queda. "Non está sobre a mesa atrasar o toque de queda nin a
ampliación do horario da hostalería", indica Raquel Zubizarreta, subdirectora
xeral de saúde pública.
Iván Abad Álvarez
1º BACH B
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 11-04-2021 20:14
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0