Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Os casos activos soben en Ourense: 24 máis na última xornada
É a maior subida diaria de casos desde o 27 de
xaneiro.
As autoridades sanitarias estaban pendentes da
posible influencia da Semana Santa na incidencia
da pandemia. Querían dar uns días máis de marxe
para valorar este próximo martes posibles avances
na desescalada. Aínda é pronto e haberá que ver a
tendencia nas próximas xornadas, pero os principais
indicadores comezan a soben. É o caso da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco que,
segundo os datos ofrecidos esta mañá polo Segas, sobe en 24 casos activos en 24 horas para
deixar o total en 173. Trátase da maior subida diaria desde o 27 de xaneiro, cando a terceira ola
daba os seus últimos pasos na provincia.
Non é unha subida só de Ourense, aínda que hoxe é a que máis o fai. Excepto Ferrol o resto de
Áreas tamén incrementan os seus caos activos.
E é que na provincia detectáronse 32 novos contaxios esta pasada xornada, dos que 29
localizáronse a través das 441 probas PCR que se practicaron. Polo contrario só 8 pacientes
superaron a enfermidade e recibiron a alta médica.
Nos hospitais ourensáns, maior tranquilidade. Hai un ingresado por covid máis ca onte.
Actualmente hai 15 en planta (+1) e 2 na UCI (igual). Deles, 16 están no CHUO e o outro no
Hospital de Verín. O de Valdeorras, a pesar da preocupación polo aumento da incidencia na
comarca, segue libre de coronavirus.

Ana María Cid Borrajo. 4º ESO A.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 11-04-2021 20:11
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0