Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Plantando cara ao lume’ recupera con árbores o Xurés queimado
Estudantes e docentes da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría (EPSE) e da
Facultade de Formación do Profesorado do  Campus de Lugo da USC, así como das
facultades de Bioloxía, Ciencias da Educación, ciencias da Comunicación e Economía da
sede universitaria compostelá veñen de acometer diversas actuacións de recuperación
duns terreos da Serra do Xurés asoladas polas lapas ao abeiro do programa ‘Plantando
cara ao lume’.
Este proxecto, coordinado polo catedrático da USC Agustín Merino García, recibe
financiamento da Federación Española de Ciencia y Tecnoloxía (Fecyt) e na actual
edición tamén conta coa participación das universidades de Castela a Mancha e
Córdoba, ademais do Instituto Nacional de Investigación e Tecnoloxía Agraria e
Alimentaria, con sede en Madrid.

A última da accións previstas no
marco de ‘Plantando cara ao
lume’ desenvolveuse a mediados
deste mes no Parque Natural da 
Serra do Xurés, nunha zona
afectada durante polos incendios
forestais e na que é preciso unha mellora da xestión forestal para reducir esta
problemática e minimizar así as consecuencias das lapas sobre os bosques, a auga e o
medioambiente. Os docentes, investigadores e estudantes implicados nesta actuación
salientan asemade os efectos negativos que provocan os lumes forestais no
desenvolvemento rural dunha zona que atopa entre as súas fortalezas a actividade
forestal e o potencial turístico.
Axudados por persoal das comunidades de montes locais, así como por xestores
forestais da propia Administración autonómica, empresas da contorna e outras
entidades colaboradores, os protagonistas desta nova acción promovida ao abeiro do

proxecto ‘Plantando cara ao lume’, os participantes nesta expedición medioambiental
repoboaron unha parcela do lugar de Piñoi (concello de Muíños) incendiada en 2016
con novas plantas de castiñeiro e carballo.
A escolla destas especies responde á intención de proporcionar unha alternativa
silvícola máis acaída aos sistemas xa afectados por incendios, dado que estas plantas
actuarán como barreira natural contra o problema dos lumes forestais tan habitual na
rexión, explican.
Outro ámbito no que traballaron os participantes nesta acción ambiental foi no
coñecemento e estudo das particularidades da fauna e da flora do Parque Natural da
Serra do Xuré.

Silvia Martínez Pedrouzo 4 ESO B
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 11-04-2021 20:09
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0