Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Este bloguero de Pontevedra vive de viaxar polo mundo e contalo: «Nunca me queixo, son un privilexiado»

Está entre os cinco finalistas dos Influencer Awards polo seu traballo en Alvientooo
Alberto Ribas é de Pontevedra, aínda que pasa poucas semanas nela. O seu é viaxar. E vive diso. Con preto de 24.100 seguidores en Instagram e con máis de 20.000 visitas diariasen tempada alta no seu blogue Alvientooo, este influencer deu un xiro á súa vida hai sete anos, cando traballaba nunha asesoría de empresas e decidiu romper co seu presente para vivir un futuro á súa medida. Chegar onde está custoulle, a competencia é moita, pero el vaise fixando obxectivos a curto e medio prazo e sempre cunha actitude proactiva. «Nun ano normal viaxo polo mundo e escribo de forma positiva e divertida sobre eses destinos e sobre a súa gastronomía», comeza explicando Alberto Rivas, que está entre os cinco finalistas dos Influencer Awards na categoría de viaxes. Nas outras seccións deste certame hai caras tan coñecidas como a de Pelayo Díaz ou María Pombo na área de moda, ouAna Morgade, en entretemento, ou o xornalista galego Gonzou, en actualidade.Ribas coouse aí por primeira vez despois de sete anos dun traballo ao que chegou case por probar sorte. «Eu sempre viaxei moito e os meus amigos sempre me pedían recomendacións, así que empecei a prepararme. Nestes anos fixen moitos cursos relacionados coas redes e o posicionamento e sigo formándome nese campo», apunta este influencer que advirte de que «hai pouco que me dei conta de que podo vivir disto, vasche facendo un oco e no mundo das viaxes inflúe tamén o boca a boca». O primeiro foi buscar un nome, unha marca que desvinculase o seu perfil persoal co profesional. Aí naceu Alvientooo, un proxecto que lle levou por todo o mundo. «O país que máis me sorprendeu é a India polos grandes contrastes culturais que ten, estiven alí vinte días», lembra Ribas, que ten pendente viaxar a Xapón: «Para os españois esta aventura é custosa, pero morro de ganas de pasar alí un mes». Este ano, el tamén tivo que reinventarse para facer fronte ao estancamento que supuxo o confinamento e a pandemia. As súas redes non se podían parar, aínda que el xa non pisase os aeroportos. Está a desexar retomar a súa actividade, pero polo momento enxalza os tesouros galegos, outros dos grandes éxitos do seu blogue. «A xente busca cada vez máis o aire libre e a natureza, antes igual preferían un hotel na Gran Vía de Vigo e agora escollen unha casa rural en Cuntis», subliña Alberto Ribas, que exerce de pontevedrés á hora de promocionar a súa cidade. Entre as súas recomendacións non pode faltar a senda do Lérez. «Pontevedra é a gran descoñecida, ten un centro histórico moi ben conservado e é unha cidade que cando a coñeces, pensas ‘eu podería vivir aquí'», asegura Alberto Ribas, que recoñece que «vivimos no paraíso e foi aquí onde pasamos o confinamento». Nas súas entradas no blogue resume e ilustra cada viaxe unha vez finalizado, mentres as stories de Instagram actualízaas diariamente cando anda por aí en ruta.

Raquel González Castro, segundo bacharelato B
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 31-03-2021 21:45
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0