Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Galicia non recibe unha soa dose da vacina AstraZeneca
A distribución semanal de vacinas ás comunidades autónomas deixa boas e malas novas
en Galicia. O punto negativo é que non se recibiu nin unha soa dose de AstraZeneca, a
droga que se está inoculando a grupos profesionais como policías, bombeiros ou persoal
educativo. En canto aos datos positivos, a chegada de 57.330 unidades de Pfizer e, sobre
todo, 32.220 de Moderna, xa que houbo semanas destas últimas nas que apenas se
recibiron unidades. Inicialmente, o Sergas informou, por erro, de que se recibiron 3.220
doses de Moderna.
A Xunta dixo onte que esta semana continuará coa vacinación de maiores de 80 anos,
unha campaña que non cesará a pesar da Semana Santa. Así mesmo, como indica
Sanidade, tamén continuará a inmunización de grandes dependentes e persoas ata os 65
anos que forman parte de grupos chamados esenciais.


Sara Blanco Daparte
2º BACH A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 30-03-2021 16:29
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0