Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Ribeira manterá a simboloxía franquista

A represión franquista bateu con forza en Ribeira. Neste concello do Barbanza unha vintena de persoas foron ‘paseadas’ ou fusiladas polos franquistas, cifras á que hai que engadir a de procesadas (case 70) ou presas (perto de 40).

Porén, e 46 anos despois da morte de Franco, na localidade mantense a simboloxía franquista. Por exemplo, referencias no rueiro a "falanxistas como Diego Delicado ou Rodríguez Bautista" ou manter as honras e distinción a destacados falanxistas como Fernando Suárez Tangil e a José María Rivera de Aguilar, colaboradores da ditadura.. Unha “anormalidade democrática” á que o BNG de Ribeira quixo poner fin cunha moción na que demandaba a supresión dos vestixios da ditadura, xa que é preciso avanzar "cara a restitución da memoria democrática" no concello.

Mais a moción non saíu adiante: tumbárona o PP e PBBI, Partido Barbanza Independente, unha escisión do Partido Popular da que fan parte nomes que tiveron responsabilidadesde Goberno co PP en anteriores mandatos. “É unha escisión pola deita do PP”, explican fontes ribeirás.

Ambas as dúas formación da dereita sumaron forzas para impedir que prosperase a moción do BNG, que si tivo o apoio de PSOE e Suma Ribeira.

O portavoz municipal do BNG en Ribeira, Xosé Vázquez Cobas, cualificou de “aldraxe á democracia” o resultado. Denunciou que a posición de PP er PBBI supón un “branqueamento do fascismo e denotan complicidade cos actos atroces que esta ideoloxía cometeu: fusilamentos, paseos e represión”.

O voceiro do BNG lembrou que distincións análogas foron retiradas en moitos outros concellos, tamén gobernados polo PP, como Burgos, Córdoba, Palencia ou Alacant. Xa que logo, afeoulles a súa posición ultra, que tan só pode xustificarse por unha deriva “fascistoide” da agrupación local popular.


Iago Fuentes Aller
2º BACH A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 30-03-2021 15:57
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0