Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O Estado elixe o catalán para anunciar o Estatuto de Autonomía da Galiza
Denuncian que o texto recollido no Boletín Oficial do Estado (BOE) que se pode consultar hoxe
en día continúa a estar en castelán e catalán como suposta "lingua cooficial", pero non en
galego. Este erro, que volve deixar o idioma propio do país a un lado, tivo bastante repercusión
entre as e os usuarios das redes sociais.
Unha denuncia a través das redes sociais do que fora presidente da Mesa pola Normalización
Lingüística, Carlos Callón, causou una gran sorpresa entre usuarias e usuarios de internet, que
compartiron a curiosidade para darlle maior repercusión. Mesmo a propia Mesa deulle difusión.
Malia que a crítica xurde como unha curiosidade o certo é que revela o papel que ten, ou tivo, o
galego para o Estado español.
Callón alertou de que ao intentar facer unha consulta do Estatuto de Autonomía da Galiza de
1981 no Boletín Oficial do Estado (BOE) non hai unha opción de lectura en galego. O castelán
era o previsíbel pero, curiosamente, o anuncio dese texto básico para o país -así como o seu
contido- pode analizarse en catalán.
O BOE avisa desde a páxina inicial que aparece cando se procura o estatuto de que hai a
opción de consultalo nas "linguas cooficiais" pero só inclúe o catalán como idioma aceptado.
Polo tanto, o texto sobre a Autonomía está dispoñíbel en catalán pero non en galego.


Carmen Cabrera Dorrío
2º BACH A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 30-03-2021 15:55
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0