Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense |
|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
SANXENXO PÉCHASE ANTE POSIBLES VIAXEIROS |
|
A ponte de San Xosé arrincou onte en Sanxenxo, o principal destino turístico nas Rías Baixas, con numerosos controis por parte das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado para vixiar que se cumpre coa normativa tanto autonómica como estatal en relación ás medidas sanitarias para evitar unha maior propagación do coronavirus.
Durante todo o venres, diferentes patrullas vixiaron os accesos á vila requirindo a documentación aos condutores para coñecer o seu lugar de procedencia. Os controis situáronse na rotonda de Poio anterior á praia de Areas, pasando Raxó; e á saída da vía rápida a Sanxenxo.
Aínda que a maior afluencia de visitantes esperábase para a xornada de onte, os controis da Garda Civil comezaron na véspera do festivo. O xoves xa se comezou a parar tanto a turismos como a autobuses, pois as viaxes en grupo organizados para facer excursións tampouco están permitidos debido ás limitacións de non conviventes nas reunións sociais.
LUCÍA ALONSO FREIRE 1ºA BACH
|
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|