Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A ourensá Lorena Guitián acaba de desfilar para Dior en Versalles
A moza de 26 anos, que pasou a maior parte da súa vida no Barco, é arquitecta, exatleta e agora modelo internacional.
Desde que era unha nena, á ourensá Lorena Guitián (Vilamartín de Valdeorras, 1994) gustoulle vestirse de forma práctica. «Sempre lle dei importancia á imaxe, pero non só á vestimenta. En xeral, fíxome moito na estética das cousas. Son unha moza moi práctica, e móstroo na miña forma de vestir, paréceme importante que a roupa sexa un reflexo da túa personalidade, un espazo máis no que expresarche», di.
«Desfilei para Saint Laurent e Lacoste, e a verdade é que foi unha experiencia incrible», lembra. De aí pasou a ser portada da revista SModa, a protagonizar editoriais para Vogue e a percorrer as pasarelas coas creacións de casas como Valentino ou Hermès. O seu traballo máis recente? Un dos máis importantes da súa carreira, a presentación da nova colección de Dior. Un desfile polo palacio de Versalles retransmitido en directo para miles de persoas. «É gracioso porque nunca cheguei nin a soñar con isto, era demasiado imposible. Síntome unha persoa moi afortunada e privilexiada, de verdade», di. Lorena cre que ser ela mesma é o que máis portas está a abrirlle dentro do mundo da moda: «Estou convencida de que hoxe en día, neste sector, gustas polo que es, polo conxunto que representas, non só en base a unhas medidas ou a un peso estándar. Así é como son eu e non deixo que me cambien», explica. Proba diso son as súas cellas, longas, poboadas e case unidas, que lle serven para acentuar os seus enormes ollos verdes. Iso si, altura non lle falta, mide case 1,80; nin beleza, claro, pero tampouco talento, capacidade ou intelixencia. E é que Lorena é, ademais de modelo internacional, arquitecta pola Universidade da Coruña, onde segue vivindo a maior parte do tempo. «Ao principio tentei compaxinar os dous traballos pero deime conta de que era imposible. No medio dunha sesión de fotos, chamábanme para preguntarme polos planos dunha terceira planta... e ao revés ocorría igual. Decidín que había que elixir un», explica. Os seus dous mundos seguen estando conectados dalgunha maneira: «A sede de Valentino deseñouna David Chipperfield, cando puxen un pé nela non mo podía crer».


Candela Rodriguez
1º A BACH
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 21-03-2021 22:41
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0