Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense |
|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Un camión con carga para facer máscaras sae da A-75, en Verín |
|
Un camión Iveco, con placas de matrícula de Polonia, saíuse na madrugada de onte da autovía A-75 cando transportaba unha carga de téxtil para confeccionar máscaras en dirección a Inglaterra.
O vehículo, tras saírse da calzada, arrincou varios metros do valo protector e sinais viarios, ata caer por un desnivel, aínda que sen chegar a dar a volta. O seu condutor e a persoa que o acompañaba, ambos de nacionalidade polaca, resultaron ilesos.
Ao lugar acudiron varias patrulla da Garda Civil de Tráfico, que tras comprobar que o condutor e o seu acompañante non sufriran lesións, inspeccionaron a calzada. Tamén revisaron os tempos de descanso do condutor, trámite, que segundo deu a coñecer o Instituto Armado, cumpriron como establece a lexislación. Os axentes atribuíron inicialmente a saída de vía a episodios de cansazo e somnolencia.
Sabela Alonso Crespo
1º A BAC
|
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|