Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense |
|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
O Parlamento galego conmemora o centenario da Xeración Nós entregándolle a súa medalla |
|
estaca que o grupo de Risco, Otero Pedrayo ou Castelao abriron « unha nova andaina» para o galeguismo coa súa vocación vangardista e cosmopolita.
Nós, en Galicia, é moito máis que o pronome da primeira persoa do plural. É un álbum de viñetas de Castelao, unha revista nada en Ourense en 1920 « pra ledicia de todos e para ensino de moitos», como prometía no seu primeiro número, e tamén o nome da editorial fundada polo exalcalde compostelán Ánxel Casal ou o artigo de Risco que, baixo o título Nós, vos inadaptados, definiu a toda unha xeración de intelectuais tan cosmopolita como galeguista, que foi esmagada pouco despois pola bota do franquismo. Ao redor de 200 persoas crearon e publicaron ao redor de Nós, o grupo do que se conmemora o seu centenario e que o Parlamento galego distingue este 2021 coa súa medalla honorífica.
Nós constituíuse legalmente como un colectivo de intelectuais en 1921, pero boa parte dos seus integrantes xa estaba activos na en 1916 cando se lanzaron as Irmandades da Fala ou cando, o 30 de outubro de 1920, vía a luz o primeiro número da revista Nós, referente indiscutible da cultura galega do século XX. Personalidades como Vicente Risco, Otero Pedrayo, Losada Diéguez, Cuevillas, Castelao, Lameiro, Ramón Cabanillas ou Ánxel Casal son algúns dos representantes máis coñecidos de Nós. « Uns e outros —destaca o Parlamento— conformaron un conxunto de persoas cosmopolitas, europeístas, cultas e vangardistas», pero ao mesmo tempo moi enraizadas na realidade local, coas que o galeguismo iniciou « unha nova andaina».
A entrega do recoñecemento levará a cabo o próximo 6 de abril, e os encargados de recibir a distinción, en nome de toda unha xeración, son as catro únicas fundacións que hai hoxe en día dedicadas a perpetuar a memoria e impulsores de Nós: a Fundación Otero Pedrayo, e as súas homónimas Castelao, Antón Losada Diéguez e Vicente Risco.
Valeria Labandeira Reimondez
1º BAC A
Nº7
|
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|