Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A RAG celebra a Carvalho Calero, mestre “da cultura galega do XX”

A Real Academia Galega (RAG) celebrou onte o pleno extraordinario do Día das Letras Galegas dedicado ao filólogo e escritor Ricardo Carvalho Calero (Ferrol, 1910-Santiago, 1990) no paraninfo da Universidade de Santiago (USC), no mesmo edificio en que impartiu clases como primeiro catedrático de lingua e literatura galegas en Galicia. Nun acto que contou coa participación do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo. Na súa intervención, Feijóo explicou que Carvalho Calero, que abrazou as teses lusófonas, reparou “na Europa máis próxima representada por Portugal” e engadiu que “loita por un reencontro co pobo irmán do que nos afastan ventureiros acontecementos e ao que nos achegan afectos nunca esmorecidos”.

“Máis aló de controversias eruditas sobre os formatos ortográficos, a intuición de don Ricardo anticípase con acerto aos nosos tempos”, subliñou a continuación.

Como mostra do “amplo legado” de Carvalho Calero, Feijóo mencionou “os seus estudos, a súa poesía, os seus ensaios, a súa novelística, a súa capacidade oratoria” e a “herdanza viva” que deixa nos seus alumnos e discípulos, moitos deles membros actuais da RAG como o seu presidente, Víctor F. Freixanes. O presidente da Xunta parouse na biografía do autor ferrolán para destacar que foi “primeiro en moitas cousas”, como o demostra que ocupou a primeira cátedra de lingua e literatura galegas, ademais de ser un “adiantado dos vínculos” entre Portugal e Galicia. Uns vínculos que na actualidade, en palabras de Feijóo, veñen “reforzados grazas á pertenza ao proxecto europeo” e ao “feliz reflexo legal” que é a coñecida como Lei Paz Andrade de 2014, que busca aproveitar os “vínculos coa lusofonía” e permite “que haxa máis de 4.000 alumnos de portugués” na comunidade galega.

Iván Abad Álvarez
1º BACH B
Comentarios (0) - Categoría Actividades EDLca - Publicado o 13-12-2020 12:20
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0