Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense |
|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
O Neka presenta as súas credenciais no campeonato do mundo |
|
Monforte de Lemos pode presumir de contar con algún dos mellores taekuondistas non só de España senón do mundo. Seis deportistas do equipo monfortino clasificáronse para as semifinais do campionato do mundo dixital de taekuondo .
Ademais de Álex Camba, que foi o primeiro que logrou o pasaporte para esta fase ao acabar terceiro na preliminar, tamén accederon ás semifinais as seguintes novas promesas: Laura Álvarez, Dani Areán, Marco García, Karla Novo e Lucía Roca. Hai que destacar, sobre todo a posta en escena de Laura Álvarez, que finalizou primeira nun grupo no que participaron 26 nenas. A nova taekuondista monfortina está chamada a marcar unha época en Galicia e a converterse nunha das máis destacadas no ámbito nacional e internacional.
Tamén estivo a un nivel óptimo o taekuondista de Taboada , Dani Areán, que concluíu no segundo posto. Só foi superado por un rival coreano, que ademais parte como gran favorito para alzarse co título. Quedou fóra das semifinais Aitor Teijeiro. Finalizou no posto número 13, pero estivo a piques de subir unha posición, circunstancia que lle tería permitido seguir o ronsel dos seus compañeiros do Ximnasio Neka.
Claudia Fernández Blanco
1ºA BACH
Nº4
|
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|