Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A desescalada en Galicia será a dúas velocidades
A desescalada en Galicia será a dúas velocidades e o corte estará nos 10.000 habitantes. O comité clínico pechará na súa próxima reunión, prevista para o martes, os criterios de saída de restricións e a desescalada contemplará diferentes situacións en función da situación epidemiolóxica.

Eses diferentes graos tamén atenden a criterios de poboación, polo que haberá unha desescalada para a Galicia rural e outra para a Galicia urbana. En termos de territorio dominaría a desescalada rural, porque 259 dos 313 municipios de Galicia están por baixo desa cifra de 10.000 veciños. Con todo, a maioría dos galegos se rexerán polos criterios da Galicia urbana, xa que en concellos con máis de 10.000 habitantes viven case 1,9 millóns de persoas.

Tamén se tratou no subcomité como serán as celebracións do Nadal. Os pediatras avalaron a proposta que realizou Galicia ao grupo de traballo estatal sobre esta cuestión de que os nenos de menos de 9 ou 10 anos computen de maneira distinta á hora de establecer aforos máximos nas celebracións do Nadal. Outra das propostas de Galicia é que os cómputos se realicen sobre grupos familiares e non sobre persoas illadas. De todos os xeitos, García Comesaña lembrou que o documento marco estatal está aínda aberto a debate e que Galicia terá un documento propio de recomendacións.

Sabela Alonso
1º A Bach
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 28-11-2020 22:24
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0