Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Os mil vínculos entre Maradona e Galicia
A orixe galega do seu apelido remóntase a Ribadeo, tras a súa retirada apareceu en numerosos vídeos e fotografías coa camiseta do Deportivo e recoñeceu na súa biografía que rompera un Teresa Herrera da sala de trofeos do Barcelona.

Unha figura tan universal como Diego Maradona non podía pasar no bico dos pés pola historia do fútbol galego. Os fíos que unen ao Peluxe e aos clubs desta esquina do Atlántico son múltiples e tan variados como a riquísima biografía dun xogador tan único como carismático.
O seu primeiro vínculo enraíza no propio apelido do personaxe. A investigadora Concepción Fernández asegurou no 2004 na revista universitaria « Evohé» que a familia do exfutbolista ten as súas orixes en Lugo, posiblemente nun lugar do concello mariñán de Ribadeo.
O propio Maradona saíu ao paso da súa posible orixe galega e ata comentou que tiña a intención de visitar ás súas (supostos) familiares e coñecer as súas raíces.«Como ao final veña, vaia festa!», afirmaba por aquel entón Secundino Maradona, Lito, ao pé da súa casa en Villamartín Grande, e engadía sen perder o sorriso: « Dende que Ao final, o xenio do balón nunca apareceu por Ribadeo, pero os seus veciños nunca perderon a esperanza. Así o recoñecían nunha reportaxe da Voz no 2007. saíu na televisión non pairan de vir xornalistas».
Son numerosos os vídeos e fotografías do exxogador coa camiseta do Deportivo. O primeiro, recoñecido polo propio Maradona na súa biografía «Eu son O Diego». No seu relato dun dos numerosos episodios de enfrontamentos que mantivo coa directiva do Barcelona, recoñeceu que rompeu na sala de trofeos do club un trofeo Teresa Herrera, o que se representa por medio dunha Torre de Hércules.

Valeria Labandeira Reimondez
1 BAC A
Nº 7
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 28-11-2020 22:18
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0