Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A cervexa santiaguesa que idearon dous amigos e logrou conquistar xa media Europa
Contan que a súa «é a historia de dous amigos que quixeron vivir un soño» e xuntos lograron conquistar media Europa. Fran Vaqueiro, propietario e fundador da cervexería Jakobsland Brewers, coñeceu en Vigo ao seu socio, Henlo Matthee.

O surafricano non falaba entón castelán nin galego e empezou a impartir inglés como saída laboral. Fran foi un dos seus alumnos e pronto conectaron máis aló das clases. Ademais de compartir a súa paixón pola bici de montaña, sentían curiosidade polo proceso de elaboración de cervexa artesá. Ambos acabaron construíndo no 2012 un sistema piloto de 70 litros na empresa do pai de Fran, e a súa cervexa empezou a popularizarse entre os seus coñecidos.

O proxecto foi definíndose, coa axuda de Jeremiah Fox, un estadounidense ao que Henlo coñeceu nunha cata. A empresa constituíuse formalmente no 2016 en Santiago. O propio nome, Jakobsland, fai referencia á terra de Santiago, como figura en antigas crónicas que relatan as invasións viquingas. E, aínda que naceron como cervexeiros nómades e optaron ao principio polo alugueiro de espazos en instalacións doutras marcas, agora queren deixar atrás esta etapa para asentarse na comarca compostelá. «Queremos ter nosa propia fábrica na zona e estamos a buscar investidores.

O problema de ser nómade é que a continuidade é moi difícil e hai que planificar todo con moita antelación, especialmente desde o covid. Alcanzamos todos os límites e toca asentarse para seguir crecendo», indican. Hoxe, con preto dunha vintena de premios —nacionais e internacionais— acumulados nos últimos seis anos, exportan o 30 % da súa produción; principalmente a Holanda , Francia, Suíza, Dinamarca e Portugal.

Miguel Arias
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 22-11-2020 23:47
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0