Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O Carballiño bótase á rúa para recuperar o tempo perdido durante o peche.

«Isto xa che é outra cousa. É que o de antes era unha tristeza». A sensación dos carballiñeses resúmese perfectamente nunha frase rápida, pronunciada por unha veciña no escaso espazo que a separa da cafetería que abandona para ir ao comercio situado fronte á mesma.O traxecto percorrido non foi precisamente un camiño de rosas: a Xunta puxo na diana ao Carballiño ao sinalalo pola elevada taxa de contaxios, logo viñeron as restricións -que se foron endurecendo conforme avanzaron as semanas, pasando das condicións do peche perimetral a botar a persiana á hostalería- e despois o recoñecemento público por boca do presidente autonómico. Do pico dos 188 contaxios pasouse aos 23 do venres, cando se anunciou o pase ao nivel 2. Dito así talvez non soe a nada, pero o díxito ten premio: a hostalería volveu á actividade e as terrazas floreceron por todos os espazos públicos. Nalgúns casos cunha ostensible suma de efectivos a maiores e unha ocupación de espazo que máis parece un desembarco que un uso razoable da ordenanza municipal.Había ganas -moitas e longamente contidas- de recuperar a normalidade. E a asollada mañá otoñal deu renda solta aos carballiñeses. Os máis pequenos recuperaron as prazas e as rúas peonís do centro da vila -o parque infantil da Alameda segue clausurado por agora-, os maiores impuxeron a súa lei nos bancos da Praza Maior e noutros espazos estratéxicos onde gozar do sol do mediodía é de cumprimento obrigado, os encontros cos amigos nas terrazas -sen superar o máximo permitido- foron o máis desexado e gozado e O Carballiño volveu á súa vida cotiá cunha xornada cunha valoración unánime: máis que un sábado otoñal parecía un día de feira ou de festa na vila. A hostalería, o sector máis castigado, afronta agora o camiño da recuperación. «A xente está moi animada e hai un bo día de sol, co cal tamén suma. A recuperación xa veremos como é. O que perdemos xa non se recupera e veremos agora como vai a cousa. Temos que saír desta situación e tirar para adiante. E agardemos que sexa con sentido común e tendo claro o que nos xogamos, porque se nos volven pechar é o final para todos», sinala o propietario dunha cafetería.

Raquel González Castro
Segundo B bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 22-11-2020 23:45
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0