 A Policía Local de Carnota, co apoio da Garda Civil de Outes, rescatou na tarde de onte
a unha parella de senderistas que se perdeu no monte Pindo. Os excursionistas, uns
mozos de Noia, levaban unhas seis horas buscando o camiño de regreso cando por fin
foron localizados. Mesmo chegou a mobilizarse un helicóptero no dispositivo de
procura, pero finalmente foi anulado.
A voz de alarma deuna a moza pasadas as catro da tarde. Emprenderan a subida a
Peñafiel e á Cova dá Xoana, un roteiro espectacular, pero dura e que está intransitable
debido á abundante maleza, o que facilitou que se extraviasen. Despois de varias horas
tentando atopar o camiño de regreso guiándose polo GPS do móbil, e #ante o temor a
que a noite se lles viñese encima, avisaron ao 112. De inmediato informouse da
situación ao xefe da Policía Local de Carnota, gran coñecedor da zona, que se puxo en
camiño xunto a un compañeiro e axentes do posto da Garda Civil de Outes. A través do
teléfono, os senderistas enviaron a súa localización e deron ás oficial referencias do
lugar onde se atopaban para que os localizasen. O ascenso ao Pindo por esa zona é
complicado, cun gran desnivel, e os axentes necesitaron 45 minutos de camiñada para
localizar á parella de excursionistas, que pasou momentos de angustia porque xa
empezaba a anoitecer e seguían perdidos. Finalmente atopáronlles e puideron baixar
polo seu propio pé do monte sans e salvos, aínda que cun bo susto no corpo.
Pedro Fernández Fernández
2º BACH A |