Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A hostalería pide “unidade” para capear a crise:
A hostalería pide “unidade” ao Concello da cidade para capear “canto antes” a crise do sector e lamenta a falta dun goberno estable, así como a falta dun acordo entre as formacións políticas.
A reiteración da demanda das últimas semanas polo sector hostaleiro, deu lugar a que asociacións e grupos reuníranse onte na casa consistorial para abordar a difícil situación de bares e restaurantes.
Os donos de negocios son claros: “Nós necesitamos axudas canto antes pero vemos que non hai acordos entre eles”. Entre outras iniciativas, Véxote nos Viños e a Asociación de Hostalaría e Restauración Ourensá (Ahrou) piden a exoneración inmediata dos impostos municipais (lixo, auga ou terrazas), así como a creación dun órgano municipal de mediación entre arrendadores e arrendados. “Escoitaron as nosas peticións, pero falta concreción”, apuntou Enrique Fidalgo, de Véxote nos Viños. “Agora mesmo nós necesitamos axudas directas”, sinalou Álex Castro, de Ahrou.
Hostaleiros e políticos volveranse a reunir o próximo venres, dous días despois de que os portavoces dos grupos políticos valoren a viabilidade das propostas tratadas onte e elaboren, de forma conxunta, unha folla de ruta. “O que nos interesa é que se poñan a sumar connosco para solucionar a nosa situación”, recalcou Fidalgo. Pola súa parte, desde o grupo de goberno, así como desde o resto de formacións, aseguran un “respaldo” total á hostalería.

Ana María Cid Borrajo. 4oESO A.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 15-11-2020 19:01
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0